martes, 31 de enero de 2017

Tecendo a PAZ



Os conflictos son algo habitual nas relacións entre persoas. Xorden cando se persiguen obxectivos distintos. 

Resolver conflictos sen recorrer á violencia pode non ser sempre sinxelo, pero non é imposible . É o camiño para mellorar a convivencia.

Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola  a resolución non violenta dos conflictos .

Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.


TecendoPaz by Slidely Photo Gallery

lunes, 30 de enero de 2017

Cientificos pola paz

Pese a que a ciencia adoita asociarse co Mad Doctor, un científico tolo que traballa para poderes ocultos e  pretende dominar o mundo, o certo é que a maioría dos científicos non son así.
En calquera caso, a ciencia non sería responsable de que haxa xente que empregue os seus achádegos de forma cruel. Sería como acusar ao inventor do coitelo dos asesinatos perpretados por un maníaco.

Hai quen ve no desenvolvemento científico e tecnolóxico a solución de todos os problemas sociais, e hai quen pensa que é o causante de todos os grandes males.
Posiblemente nen unha cousa nen a outra, todo dependerá do uso que lle queiramos dar  os humanos.

Hai moitos científicos e científicas que, ademáis de polas súas contribucións ao mundo da ciencia, son famosos polo seu compromiso social.

Cantos podedes atopar?




sábado, 28 de enero de 2017

Marilar Aleixandre na RAG


O pasado 14 de xaneiro, a escritora e investigadora Marilar Aleixandre ingresou na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara baleiro tralo pasamento de Xose Neira Vilas.
Como bióloga profesora (primeiro nun instituto e actualmente na Universidade de Santiago ) foi pioneira no emprego do galego como lingua para o ensino das ciencias e é coautora dos dous primeiros libros de texto de ciencias en galego. Tamén é autora de numerosos artigos, ensaios e outros materiais sobre o ensino das ciencias.

TRAXECTORIA COMO ESCRITORA

A de escritora é a súa faceta máis coñecida. Aínda que naceu en Madrid e non chegou a Galicia ata os naos 70,  emprega maioritariamente a lingua galega nas súas obras e ten recibido moitos galardóns .

 "A formiga coxa" (1989) foi  súa primeira obra de literatura infantil e xuvenil, á que seguirían outros 20 títulos como "Catro cascarolos", "A expedición do Pacífico" , " A cabeza de Medusa" , "O trasno de Alqueidón" ou "A ovella descarreirada", esta última en verso.

Tamén escribe narrativa para adultos "A compañía clandestina de contrapublicidade" ou "Teoría do caos" e poesía "Catálogo de Velenos", "Mudanzas" ou "Desescribindo", que acaba de saír da imprenta o pasado mes de decembro.

A SÚA LABOR NA ACADEMIA

Como membro da RAG marcou coma obxectivos fundamentais "dar visibilidade ás mulleres" e "achegar a Academia á cidadanía", de modo que a xente descubra "cousas útiles" nela tamén a través das escolas e "que a cultura galega dialogue coa realidade".


lunes, 9 de enero de 2017

Robótica nas aulas - Escornabots

Dende a Asesoría de Bibliotecas, pedíronnos un artigo para a revista Eduga  sobre o traballo que facemos no cole cos escornabots.

Apareceu publicado no número 72