martes, 31 de outubro de 2017

Xoves de curtas

O xoves é dia de cine no cole. 
A biblioteca convértese nunha sala de cine e os rapaces asisten a proxección  dunha  curtametraxe seleccionada.

Neste mes de outubro, as elixidas foron:

"A viaxe a Lúa" de Georges Méliès (1902), por ser a primeira película de ciencia ficción da historia do cine

"Mr Bean na Biblioteca" de Rowan Atkinson (1990/95). Un pouco de humor para  celebrar a Semana da Biblio

"A bruxa Regañadentes" (2005) adaptación da historia publicada por OQO, para  pasar un pouco de medo ...
Informamos que,debido á estupenda acollida que ten esta actividade, a partires do vindeiro mes de novembro imos cambiar o sistema:

Poderedes elixir entre catro salas de cine, con catro curtas diferentes.
Teredes que coller unha entrada na taquilla para asistir á proxección que queirades.
 O aforo é limitado, así que teredes que darvos présa, para que ninguén se vos adiante...

Vémonos!


sábado, 28 de outubro de 2017

Moito mellor se lemos xuntos

Durante a semana, as madriñas e padriños de lectura deseñaron cadansùa tarxeta para os seus afillados/as.

O xoves, os  pequenos/as seleccionaron unha das tarxetas e así elixiron ao seu padriño ou madriña  de lectura. 


Padriños/Madriñas de Lectura by Slidely Photo Gallery

E o venres foi o día grande do apadriñamento lector: Cada padriño e madriña foi buscar ao seu afillado/a e repartidos polo patio, as aulas e os corredores disfrutaron do seu momento de lectura compartida.
Con esta actividade pretendemos a mellora da lectura, pero ademáis contribúe a desenvolver as relacións interpersoais dos alumnos e o achegamento entre nenos e nenas de idades diferentes



LemosXuntos by Slidely Photo Gallery

domingo, 22 de outubro de 2017

A viaxe das mochilas

Hoxe as mochilas comezaron a súa viaxe  

Son un intento de achegar un certo número de documentos procedentes da biblioteca escolar para que os disfrute toda a familia durante unha semana (de luns a luns). Non hai directrices concretas de uso e en cada casa usaranse de forma diferente.
Con elas pretendemos dinamizar os fondos da biblioteca e facilitar o acceso aos libros a nenos e nenas e tamén as familias, provocar na casa situacións lectoras, compartir momentos co libro como protagonista e ler xuntos

No seu interior atoparedes  a relación dos materiais que contén e unha folla en branco na que todos os membros da familia poden escribir as súas impresións e valorar a experiencia.




Xa sabedes que o servizo de préstamo da Biblio tamén se fai extensible a todas as nais e pais. 
Picade na imaxe ou no enlace e descubriredes en que consiste a actividade  que chamamos De 13 a 100



DE 13 a 100



xoves, 19 de outubro de 2017

Semana da Biblioteca

Este é o cartel que elaboramos para anunciar as actividades que programamos para celebrar a Semana da Biblioteca:

Texto do pregón de  Alejandro Palomas, ilustración de Manuel Marsol.

martes, 17 de outubro de 2017

Lumes nunca máis !


Efrén, voluntario, loita contra o lume.
A curiosidade dos nenos e nenas e a súa capacidade de aprendizaxe e inesgotable. Aproveitar o que sucede ao noso redor para  CREAR CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL  é moi importante, sobre todo nestes días nos que Galicia está ardendo polos catro costados.
Eles teñen a capacidade e nós debemos darlles a oportunidade de aproveitala, sensibilizándoos sobre as consecuencias duns actos deliberadamente intencionados que puxeron en perigo as vidas e as pertenzas de moitas persoas.
A traxedia dos incendios forestais, dos perxuizos que acarrean e os problemas ambientais que orixinan, puidémolos comprobar moi de preto o pasado luns.
Comprobamos que o fume fai o aire irrespirable, pero iso só é un mal menor, se o comparamos coas perdas persoais e económicas que produciron os lumes. 
Os nenos e nenas teñen que ser conscientes de que o seu futuro pasa por conservar a contorna, por protexela. 
Ademáis... 
Imaxe de Librerías Oletvm



Este é o resultado do  traballo de todas as nenas e nenos do cole  en contra dos incendios forestais.

Nós tamén nos unimos ao berro de toda Galicia:

LUME, NUNCA MAIS


Coidemos o noso by Slidely Slideshow

domingo, 15 de outubro de 2017

LUME

Humo en Ourense



Néboa en Ourense? 
Non. É o fume que enche toda Galicia.




No cole, o fume non deixaba ver a paisaxe

O corazón encóllese ao ver as noticias que  nos chegan pola tele e a prensa. 
A sensación de caos, o ceo de toda Galicia escurecido polo fume e  sentir o cheiro a 
queimado que entra polas ventás das casas pechadas a cal e canto, fai que a rabia se converta en bágoas
A angustia convertida en documento sonoro e as lapas estendéndose coas fortes ráfagas de vento...  
Concellos da montaña lucense constatan perdas "irreparables" de especies de árbores autóctonas, de animais queimados vivos e bosques cheos de vida convertidos en cinzas.

  Hoxe Galiza chora, pero chora bágoas de cinza.



Foto de Manuel Germán Fernández Álvarez.

Chora Galicia
na tarde quente
na noite escura
que arde
sen máis pesare que a dor 
sen máis pesare que a dor

Chora Galicia
e non consola
triste paisaxe
negrura
loito e moito rencor
loito e moito rencor
Chora Galicia
paisaxe escura
verde esquecido
lamentos
desta terriña do amor
desta terriña do amor
Non consola o noso pranto
nin paramos de chorar
como fixo sempre a terra
seguiremos a loitar
seguiremos a loitar....
"Chove en Santiago" Luar na Lubre vs Regueifando pola vida.