martes, 29 de marzo de 2016

As árbores son o futuro

Cada ano por estas datas dedicamos un día á plantación de árbores, polo xeral sempre nas inmediacións do cole. Levamos plantando árbores xa dende moitos anos atrás e contamos cunha grande variedade de especies diferentes no patio do cole: acivros, bidueiros, cancereixos, carballos, castiñeiros, nogueiras, pradairos, sobreiras… 

Este ano plantamos un érbedo, un carballo e unha sobreira. Tamén nos encargamos de coidalos, disfrutamos da súa sombra e tamén dos seus froitos.

A Deputación de Ourense achega propostas e materiais para traballar estas conmemoracións nas aulas, agasallando a cada alumno/a co conto “Dona Pinga e Don Carballo fan amizade” un recurso máis co que contaremos ao longo destes días.


miércoles, 23 de marzo de 2016

Día dos Bosques

Dende un punto de vista biolóxico, os bosques cobren o 31% da superficie terrestre e son os ecosistemas  máis diversos. Albergan máis do 80% das especies vexetais e animais e xogan un papel moi importante na nosa loita por adaptarnos ao cambio climático, xa que contribúen a manter o equilibrio nos niveis de osíxeno, dióxido de carbono e humidade na atmosfera.

Por outro lado, dende a perspectiva humana, as árbores proporcionannos traballo,  refuxio,  combustible e medicinas . Ao redor de 1600 millóns de persoas dependen dos bosques para o seu sustento e tamén contribúen ao coñecemento científico e a exploración artística.

Pero a deforestación continúa  a un ritmo de 13 millóns de hectáreas por ano e é responsable dunha grande porcentaxe das emisións de gases que proiducen o efecto invernadoiro e contribúen ao quecemento global.

Os bosques son vida. 

Son os pulmóns do planeta ademáis de seren o fogar de centos de especies animais e vexetais. Ademais,  son vitais para o noso suministro de auga porque inflúen en como e onde chove e lavan e filtran a nosa auga.

Ao protexer os bosques do mundo, estamos protexendo a auga limpa da que dependemos para a nosa supervivencia.


Por iso, no Día Internacional dos Bosques, queremos recordar a importancia de protexelos.

Hoxe é un día para tomar conciencia!



Semana da Prensa


En varias ocasións tivemos a sorte de contar coa visita de redactores e redactoras do xornal La Voz de Galicia para explicarnos como desenvolvían a súa xornada laboral. Por iso coñecemos a súa rutina de traballo. 
O primeiro que adoitan facer cada mañá é unha reunión de equipo para decidir que noticia vai escribir cada un. Cada periodista, ten unha sección: deportes, educación, política, sociedade . . .
Durante a mañá, redactan a noticia, piden opinións, contrastan a información para ter un criterio propio. Ás veces piden axuda aos maquetistas para que a adapten á páxina, aos infografistas para que deseñen e engadan gráficos e aos fotógrafos que se encargan de ilustrar a noticia con fotos.
Así ata a primeira hora da tarde, que é cando teñen a segunda reunión, para decidir onde vai cada noticia.

A profe  explicounos cales son as funcións do Redactor/a Xefe:


Ten que ocuparse de que haxa contidos variados, orixinais, que sexan verídicos…
Pode aportar suxerencias, corrixir os traballos dos periodistas do equipo ou en último caso decidir se se publican ou non.


  • Decidimos entre todos/as quen vai ser o redactor/a xefe, que vai supervisar o traballo periodístico e distribuír as seccións
  • Comezamos cunha reunión, para decidir que noticia vai escribir cada un/ha. O redactor/a xefe controla que haxa noticias das distinas seccións: noticias de actualidade, cultura, ocio, deportes, anuncios, tira cómica, entrevistas . .
  • Cando xa decidamos que noticia imos escribir, informarémonos, faremos entrevistas, pediremos asesoramento ao redactor/a xefe para que a nosa aportación estea completa e non teña erros e tamén para que haxa variedade de traballos.
  • Iremos publicando no blogue O Souto dos Laretas unha entrada cos nosos traballos.
Tomamos decisións
Votamos para elixir ao Redactor/a Xefe





Eliximos a sección da que nos imos
ocupar cada un
                                                     
                                                                 Anotamos as diferentes seccións
                                                                 que aparecen  no xornal
Comentamos as noticias 
O REDACTOR XEFE











martes, 22 de marzo de 2016

Auga e Poesía




O día 22 de marzo é o día que dedicamos á auga, a tomar conciencia do aprezo e coidado que merece este elemento imprescindible para a vida no planeta.

En Galicia a auga está moi presente: na chuvia,nos mananciais , nos regatos, nos encoros, nos balnearios, nas pozas de augas termais, no mar...
A auga molla, a auga cura, a auga apaga a sede, a auga refresca, a auga relaxa ...
Como non podía ser doutra maneira, moitos poetas e poetisas dedicáronlle os seus versos a auga.

Podedes ler a escolma que atoparedes a continuación, escoller un dos poemas e fotografar unha paisaxe  na que a auga estea moi presente e que ilustre a vosa elección. Tamén podedes buscar na biblioteca ou na internet un poema da nosa literatura que teña como temática a auga.
As fotos presentadas participarán no II Concurso de fotografía "Galicia, Auga e Literatura"




viernes, 18 de marzo de 2016

Dia da muller 2016


Gustounos o que dí Lola García Gómez, Presidenta da Asociación de Empresarias AMECHE, no seu blog falando do Día das Mulleres. Por iso limos e comentamos na clase as súas opinións.
Que vos parecen? 
Estades dacordo?
"Las mujeres tenemos el derecho y la obligación de ser más visibles, de que nuestra sociedad sepa lo que hacemos y queremos en la vida. Ya otras mujeres en la historia lo consiguieron, y tenemos grandes ejemplos, ahora que lo tenemos más fácil, al menos algunas, seamos un ejemplo e inspiración para que otras mujeres también lo logren y ocupen un lugar en la historia.Es triste que aún haya lugares donde las mujeres no tienen ningún derecho, son maltratadas y violadas, y son tratadas de forma desigual, despectiva, humillante y peor que animales.... Tanto mujeres  como hombres han de vivir juntos en armonía y paz. Nadie es más ni menos por cuestión de sexo y lo ideal es relacionarse, trabajar y coexistir de forma equilibrada donde cada uno ocupe el lugar que desee y quiera."

Fixemos tamén outras actividades:

 Buscamos nos xornais noticias referidas a mulleres e observamos o seguinte:
- Atopamos moi poucas noticias sobre  mulleres
- A maioría das noticias sobre mulleres tratan da violencia machista
- Cando se fala dun grupo de persoas, aínda que a maioría delas sexan mulleres, a noticia vai en masculino, p. ex. : "os mellores alumnos" -- 26 rapazas e 19 rapaces.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º  redactaron e asinaron un Manifesto para dar a coñecer o estado no que se atopan as mulleres e nenas con discapacidade . 
OS de 4º, por outra banda, elixiron unha das seccións do xornal para facer un traballo sobre as mulleres. Temos dende crónicas a entrevistas, pasando pola banda deseñada e as sopas de letras... 
 

Os nenos e nenas de 5º e 6º buscaron información sobre as mulleres na historia: 

miércoles, 16 de marzo de 2016

BD en feminino

Luís Dávila , Día da Muller 2016

As mulleres e as nenas tamén poden ser protagonistas da Banda Deseñada.
Buscando pola biblioteca atopamos  uns cantos libros onde as protagonistas son  de xénero feminino.





Marcopola, de Jacobo Fdz Serrano. Antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Unha mañá,   un  obxecto estraño apareceu na súa praia e comezaron as aventuras...

As Witch   son cinco rapazas que van á mesma escola. Chámanse  Will, Irma, Taranee, Cornelia e Hay Lin, de ahí ven o nome do grupo. Todas teñen poderes e realizan misións que tratan de manter a orde no mundo

Mafalda: Ë unha nena creada polo debuxante arxentino Quino  que se mostra moi preocupada pola humanidade e a paz mundial e protesta polo estado do mundo que herdará dos maiores.

Esmeralda  de  Sara Rojo. Lina é unha nena que , acompañada da lagartixa Esmeralda , se mete de polizón no barco no que vai o seu pai disfrazada de rapaz para pasar mais desapercibida. Viaxando, vive moitas aventuras e aprende  moitas cousas

Natalia, de  Sergio Salma. É unha nena inqueda e moi traviesa.

Vida de nai  de  Gemma Sesar . É un libro sobre unha muller que é nai e empresaria. Traballa na casa e fóra da casa  porque ten dous  nenos pequenos . Analiza o papel da muller traballadora na sociedade actual e aborda o tema da conciliación laboral e familiar.  

Silvana   de Ramón Marcos . É  unha historia de aventuras e misterio. A protagonista é intrépida e valente. É a filla dun famoso explorador que se atopa na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Vive grandes aventuras e sempre ten un papel destacado na resolución dos misterios   

Esther, de  Purita Campos. É un cómic dos  anos 80. A protagonista é unha rapaza soñadora e idealista, de bo corazón pero con  tendencia a meterse en lios. 



O  que pretendemos con esta actividade foi que o alumnado observase  os diferentes roles que poden desenvolver as nenas, e polo tanto as mulleres. Todas as protagonistas son  aventureiras, intrépidas e intelixentes.
Que non se queden cos estereotipos negativos que poden  aparecer nos debuxos animados: mulleres indefensas relegadas ao papel de noiva, nai, muller ou acompañante do protagonista ou mulleres preocupadas polo aspecto físico.