miércoles, 25 de marzo de 2015

Día da Auga. Día das árbores

A Deputación de Ourense convidounos a  celebrar na escola estes dous días tan importantes para o noso planeta: o Día da Árbore e o Día da Auga.

Agasalláronnos cun libro "A palabra máxica" de Xosé A. Perozo, ilustrado por Viki Berre.
Narra as aventuras do trasno Beiro e a súa amiga Antela, a ninfa das augas na procura dunha bolsa de coiro  onde estaban gardados uns versos e unha música que o trasno tiña ao seu coidado.Para atopala terán que formar unha palabra máxica de dez letras e xuntar as augas de catro fontes da vida. Viaxarán no tempo ata catro lugares da provincia de Ourense onde hai mananciais de augas termais, e varias árbores axudaranos a rematar a aventura con éxito.

Os elementos máxicos_ personaxes, viaxes no tempo, mitoloxía galega_ serven para reforzar a importancia cultural das augas e as árbores na nosa terra e o poema que aparece ao final con música  de Manuel de Dios está considerado coma o Himno de Ourense.

 
HimnoOurense from Efren Esquio on Vimeo.

Como recordo deste DIA  prantamos un acivro no patio do cole:


Dia da Árbore, 2015 by Slidely Photo Gallery

sábado, 21 de marzo de 2015

Prensa e Poesía?

Resulta difícil (por non dicir imposible) atopar poesía nos xornais, onde a maioría das noticias informan da crueldade, da falta de empatía, e da cobiza das persoas. 
Por iso collemos as revistas e xornais que iamos levar a colector de papel e aprobeitámolos para convertelos en POESÍA. 
Deixámonos levar polos titulares, subtítulos, frases e palabras que nos suxerían algo e combinámolas para crear  poemas.
Esta práctica de Escritura Creativa resulta  moi interesante. Fai que as nenas e os nenos se acheguen á poesía libre, sen rima, sen estrofas... buscando só o ritmo das palabras, as sensacións ...
Parece que as palabras son as que te buscan, as que te chaman ... e o texto vaise construíndo un pouco ao azar, segundo o estado de ánimo de cada un.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Eclipse de sol: o día que se convertirá en noite

Dende tempos  ancestrais, os eclipses de sol teñen cautivado, espantado e marabillado ao ser humano.Hoxe coñecemos a razón pola que ocorren, a frecuencia e incluso se poden predicir.

Eclipse anular en 2015 // FARO
O próximo venres día 20, pola mañá, antes da entrada da primavera, poderemos observar o único eclipse de sol de 2015, e o máis importante da última década.  Galicia será a comunidade máis idónea de España para seguir o eclipse solar,  que durará unhas duas horas.
Poderá verse en algunhas partes de Europa, Asia e África, pero non en América .
Sabiades que os eclipses solares só se producen coa lúa nova, cando o satélite se atopa en liña recta entre a Terra e o Sol ?
O eclipse parcial do próximo venres será visible desde Galicia a partires das 9 da mañá e ata as 11.20 horas .

De momento descoñecemos si as condicións meteorolóxicas permitirán disfrutar do espectáculo. A lúa ocultará o sol parcialmente, un fenómeno que se pode observar en raras ocasións e que dará comenzo  ás 9 e media da mañá.


Por se ese día o ceo non está despexado,
podes seguilo dende o portal  Slooh
 que transmitirá o fenómeno "en vivo e en directo".(pica na imaxe)

Tamén o podes ver en sky-live.tv

Durante os minutos que dura un eclipse ocurren cousas curiosas.
A medida que se achega o momento de máxima ocultación, as temperaturas baixan varios graos.
As sombras vólvense alongadas. Isto nótase especialmente nas mans: os nosos dedos parece que se estiran . Fai a proba!.

Nun eclipse, nunca mires directamente ao sol 

O que nunca debemos facer é observar un eclipse sen protección (ou "protexendo" os ollos cunha radiografía, un vidro afumado ou uns lentes de sol)  porque o sol emite luz visible, que é a que captamos cos nosos ollos, pero tamén luz infravermella, que é invisible. Como a luz visible diminúe mentres se produce o eclipse, a pupila ábrese para captar máis luminosidade, deixando que penetre a infravermella que queima as células dos ollos e pode provocar cegueira.

 Se non tés unhas gafas especiais, existe unha solución ao alcance de calquera: o método da cartolina perforada

Colle  un folio, un pedazo de cartolina  ou un cartón.
Fai un buratiño no medio cunhas tesoiras ou unha agulla.
Orienta a cartolina cara o sol de tal maneira que a luz entre polo buratiño
Proxecta  a luz sobre un papel branco,  o chan ou sobre unha parede lisa.
Verás unha sombra do eclipse

Fai unha foto do que vexas e traina ao cole para amosar a túa experiencia.

sábado, 7 de marzo de 2015

As mulleres tamén pintan

Se vos pido que digades nomes de pintores... cantos coñecedes? 
Unha chea deles, non?
E si vos pido que digades nomes de pintoras? Cantos sabedes? 
 Ese é  outro cantar! 
Por que coñecemos tan poucos nomes de pintoras?
Por que razón  hai tan poucos cadros de pintoras nos grandes museos? 
Será porque ás mulleres non lles gusta pintar, porque non  o fan ben ...  ou será por algunha outra razón? 
Que vos parece?

Ao longo da historia houbo moitas mulleres que pintaban igual (ou mellor) que os homes, pero (que inxusto!) non chegaron a ser famosas coma eles.

Para saber mais, podes visitar as seguintes páxinas:


Pintoras famosas de diferentes países (pica na imaxe)

Homenaxe as mulleres artistas



Mulleres pintoras (pica na imaxe) 





E  pintoras galegas, coñecedes algunha ? (ademáis da profe María, claro!)

Pois tamén hai... e ben boas por certo!!  



A ver se sodes quen de atopar información sobre as  pintoras que aparecen no video, ou de outras  que vos gusten e facemos unha recompilación de biografías e obras pictóricas  para conmemorar o 8 de Marzo ... Que vos parece?

Veña! 

A que agardades?


Mans á obra!


viernes, 6 de marzo de 2015

8 de marzo

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova Iork a protestar polas míseras condicións en que traballaban.
 A partires de esa data, producíronse distintas manifestacións e folgas.
O 5 de marzo de 1908, Nova Iork foi escenario  dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga,  máis de cen  mulleres morreron queimadas  nuhna fábrica,   nun incendio que se atribuiu ao dono da fábrica como resposta a   folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mujeres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, chamámoslle  Día Internacional da Muller.

Ilustracion: Leandro Lamas


Picade na imaxe e atoparedes unha recompilación de recursos feita por Biblogcañiza para traballar esta data .








 E unha Unidade Didáctica de Os Poemas do río

"O libro dos porcos" de Anthony Browne



Máis contos na páxina de VideoContos do Bloguesquio

E un conto-canción: SUPERLOLA

domingo, 1 de marzo de 2015

Ilusións ópticas

Durante anos, moitos expertos nas teorías visuais intentaron demostrar que  se pode enganar ao noso cerebro  aproveitando os seus pequenos erros de percepción.
Se o vestido azul/negro ou branco/dourado tan comentado estes días te fixo pensar e, ao final, resultou ser unha ilusión óptica...  atréveste  con estas outras?
 Que vedes aqui? Un xarrón ou  dúas persoas de perfil ?


  •  Vella ou nova? hai persoas que ven unha anciá con abrigo de pel, pero se te fixas ben, decataraste  de que  no é tal senón unha rapaza nova.

  • Mirar unha imaxe de forma prolongada,  pode provocar  cambios de cor :  Mira fixamente a cruz do centro e verás como aparece un círculo verde por riba dos outros.



  • Mira os cadrados A e B. Cal é mais escuro?  En realidade é o mesmo tono de gris 


  • E, nesta imaxe en movemento , cara onde vai o tren? Está entrando ou saíndo do túnel? Depende ...


A que ao mirar os rectángulos de cor vedes que un se move máis rápido que o outro? Esperade a retirar as liñas brancas e negras ... 

Cal das dúas liñas amarelas é máis grande?

Hai tamén ilusións baseadas na xeometría 
Cal das dúas figuras é mais grande? 



A que che parece que as liñas horizontais están curvadas?
Pois non,  son paralelas...


  • Cal dos círculos amarelos é mais grande?



















Fixádevos por último neste cadro. É unha parella de esquíos nunha árbore, ou é algo máis?


E se queredes seguir divertíndovos coas ilusións ópticas, podedesvisitar outras páxinas picando nas imaxes :