jueves, 26 de febrero de 2015

Rosalía no noso cole

Moitas foron as actividades que realizamos nas distintas aulas do cole para celebrar o DÍA DE ROSALÍA deste ano.

Comezaron os maiores regalando poemas a tod@s @s compañeir@s. 

Cada un deles elixiu unha poesía de Rosalía e recitouna diante das compañeiras e compañeiros doutros cursos. Comentaron con eles a temática do poema e despois invitáronos a facer un debuxo que o ilustrase. 



Tamén escribiron unha carta dirixida ao Sr Alcalde, solicitando que o Día 24 de febreiro sexa incluído na programación de actividades culturais do Concello



Ademáis, en cada clase, cada titora ou titor encargouse de realizar diferentes actividades e elaborar recordos conmemorativos : marcapáxinas,   rosas de papel,...





DiaRosalia2015 by Slidely Photo Gallery


DiaRosalia2015 by Slidely Photo Gallery


domingo, 22 de febrero de 2015

Somos Rosalía ...


O vindeiro martes 24  Rosalía de Castro estaría de  aniversario: celebraremos os 178 anos do seu nacemento . 
Moitos persoeiros galegos e de fóra de Galicia queren homenaxeala  achegándose a súa obra e a súa figura, destacando a importancia que tivo para enfrontarse as circunstancias da época na que viviu, na que as mulleres non podían participar da vida pública e o pobo non podía escribir na súa propia lingua.
Eles son Rosalía cando se inspiran nela, cando a cantan, cando seguen as súas pegadas.

Nós tamén somos Rosalía cando a festexamos, cando a lemos, cando nos comprometemos coa terra e como lingua coma ela. 

Por iso gravamos este video e temos programadas outras actividades que iremos publicando no Bloguesquio ao longo da semana

Estade atent@s!

                         

sábado, 21 de febrero de 2015

Día de Rosalía

Desde o ano 2010, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove a conmemoración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o día 24 de febreiro.

Nos últimos anos foron varias as accións promovidas desde a AELG que contaron cunha grande aceptación por parte da sociedade, persoeiros da cultura galega  e, moi especialmente, por parte das escolas de moitos recunchos de Galicia. 
Podedes comprobalo no arquivo audiovisual e de imaxes da web da AELG

Un ano máis, no cole queremos sumarnos aos actos de celebración  do Día de Rosalía

realizando diversas actividades ao redor da figura da nosa escritora e da súa obra.

domingo, 15 de febrero de 2015

Festa de Entroido

Como todos os anos, celebramos os Xoves de Compadres e Comadres 

Despois de moito taballo preparando os disfraces e dunha semana de actividades, chegou o día grande do Entroido.

Comezamos co desfile, cantando a canción que creamos con Sali para a ocasión, e mostrando os nosos disfraces a todas as familias que viñeron a vernos:



Despois, cada comparsa representou o número musical que tiña  preparado:
  • E. Infantil : Unha  Escola de Pintores


  • Primeiro de EP : Así pinta Miró


  • 2º de EP : Velázquez pinta "As Meninas"


  • 3º de EP: Kandinsky 


  • 4º EP : Aula Pop-Art


  • 5º e 6º EP - Os cadros do Greco son unha  BOMBA

miércoles, 11 de febrero de 2015

Os "mandadiños" de Efrén

Cada día da semana, Efrén mándanos vir disfrazados dalgunha maneira especial.
Estes son os "mandadiños" para toda a semana de Entroido:



O Entroido : Unidade Didáctica


Por se non vos gustan Os Bolechas, atopei esta UD do Ceip Galán Oseiro de Arteixo con información, actividades, xogos, carautas...




E tamén este poema de Neira Vilas musicado pola BE Salgado Torres. (Picade na imaxe para escoitalo)





martes, 10 de febrero de 2015

O Entroido dos Bolechas


Na Web da familia Bolechas atopamos a seguinte entrada:

"O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí que sexa unha boa oportunidade para traballar múltiples contidos a partir desta temática.
Para  explicar as orixes, costumes e tradicións do carnaval galego, Os Bolechas elaboraron unha sinxela unidade didáctica destinada  ao alumnado de infantil e primaria, que lles permitirá traballar na clase a temática do entroido tanto desde o punto de vista teórico como a través de exercicios e xogos que teñen como referentes a uns personaxes ben coñecidos e queridos polos cativos: Os Bolechas.
Trátase de que os máis pequenos coñezan e participen desta festa dunha forma activa e alegre, ao tempo que se fai un primeiro achegamento a conceptos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc. A realización dos exercicios potenciará o traballo grafomotriz, a expresión plástica e outras capacidades das nenas e nenos."

Aquí vola deixo por se queredes empregala:

domingo, 8 de febrero de 2015

Traballamos no día da PAZ

         Esta é mensaxe básica que queremos transmitir @s alumn@s ao longo de todo o ano:


  E este é un resumo das actividades que levamos a cabo cos nenos e nenas o día 30 de Xaneiro

  • Regáloche un conto

As rapazas e rapaces de 5º e 6º seleccionaron  varios contos na biblio e achegáronse as diferentes aulas para lérllelos @s compañeir@s.
Estes  foron algúns dos elixidos:
+ "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Leo Lionni
+ "Un monstruo muy especial" de Angela McAllister
+ "Nadarín" de Leo Lionni
+ "A guerra dos números" de Juan Darién
+ "A bruxa enrabechada" de Joles Sennell
+ "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier
+ "O país dos mandóns" de Paloma Rguez/ Cristina Justo

Eles recibiron 2 "conto-agasallos":
<  " Timoteo e Pedro Non-disparo" de Maite Carranza ,  trala lectura do cal, tivemos un tempo de reflexión  e debate sobre os motivos e o sentido das guerras.
< "Noite de reis" de Joan de Deu Prats, que despois reescribiron  en galego e ilustraron.

  • Reporteiros Pola PAZ

En parellas, grupos ou de maneira individual, as alumnas e alumnos de todos os niveis escribiron noticias que merecerían ser publicadas no xornal, pero que, por desgraza, poucas veces poden ser lidas,  
Son noticias,  inventadas unhas e reescritas outras, que falan de amizade, solidariedade, tolerancia, respecto... 
Queren ser a representación gráfica de todas esas  (como din @s nen@s de EI) "palabras bonitas"que tratamos de inculcarlle dende pequenos. 


  • O muro da PAZ

Cada nen@ escribiu nun anaco de cartolina en forma de ladrillo a sua mensaxe ou o seu manifesto de PAZ. 
Con todos eles formamos un muro cun burato que representa o noso desexo de que desaparezan todas as barreiras físicas, raciais, relixiosas, económicas ... que enchen o mundo.

  • Cancións de PAZ

Wind of Change - Scorpions

Encantounos aprender e cantar en inglés esta canción do grupo alemán Scorpions.
 Foi composta por Klaus Meine en 1990 e converteuse nun himno mundial pola súa letra sobre a PAZ e a reunificación do mundo co final da Guerra Fría. 
Cantamos unha das estrofas en castelán e inventamos unha letra en galego para a última estrofa.
A verdade é que nos quedou bastante ben ...



Pintando sorrisos

Empregando como base musical a canción "Oh when the saints go marching in", un góspel estadounidense que fixo popular Louis Armstrong, na clase de música creamos unha nova letra relacionada coa data que estamos a conmemorar:


  • Murais 

Cada clase  empregou unha cartolina para facer o deseño do cartel que logo trasladaremos a unha parede do patio.