lunes, 31 de marzo de 2014

Xogando ...

Como dicía a miña avoa : "Todo se pega!"
O outro día,  ao entrar na biblio, sorprendemos a este grupo xogando.
 Quedamos escoitando, e adiviñades a que xogaban? A prestar e devolver libros...
Jose era o bibliotecario e "anotaba" no ordenador os libros que levaban os demais.
Deixovos a escea en cómic:

jueves, 27 de marzo de 2014

Poesía na equipaxe

O Día da Poesía coincide coa chegada da primavera, tema que ten inspirado a poetas de todas as épocas e lugares
.A primavera  é unha  época do ano ideal para viaxar.
Nós quixemos mesturar estas dúas cousas e buscamos nos libros da biblio poemas que falaran de viaxes, poemas que falaran de  países lonxanos, poemas noutras linguas ... porque a poesía é un territorio universal onde os pobos mais alexados poden xuntarse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons.
Lémolos e despois, cada clase creou un poema dedicado ao país sobre o que está pescudando dentro do Proxecto anual  "A volta ao mundo con Efrén". Para recibir a primavera coa equipaxe  cheíña de poesía...

domingo, 23 de marzo de 2014

O noso bosque da poesía

Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.
Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .
Cada clase elixiu a silueta dunha árbore .  Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque.
 Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema...
 O caso era atopar unha poesía que nos gustara ... e escribila na nosa árbore .
Así é como loce o noso bosque da poesía:

sábado, 22 de marzo de 2014

21 de marzo, Día das Árbores

Como case todos os anos, recibimos a visita de Xosé Santos, o técnico forestal, que sempre que se achega ao cole trata de trasmitirnos o seu amor polas árbores e a natureza.
Esta vez viña moi ben acompañado... O profe Pepe veu axudarnos coas actividades e a plantación ...
Hai xente que colecciona cromos... Nós coleccionamos árbores.
Cada ano, polo Día da Árbore, Santos aparece cargado con especies diferentes. Hoxe trouxo abetos de Douglas, pradairos, cerdeiras, e algún carballo.
Cando pasen uns anos, o noso patio será un espazo   onde os paxaros, os esquíos e os coellos atoparán acubillo e non pasarán fame.
Agora só nos queda coidar as nosas árbores para que medren e dean froitos... 
Podedes ver as fotos aqui abaixo. (A canción é de Paco Nogueiras Nodar e titúlase "Cos pés na terra", como o noso proxecto de hai tres anos)



Pero este ano, Santos trouxo tamén un xogo de orientación.
Como sabe que estamos "viaxando ao redor do mundo"...

<

miércoles, 19 de marzo de 2014

Medramos compartindo ...

Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor  foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques"  a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración  das súas latas.

Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.

 

Xornalistas pola PAZ


Tardamos un pouco, pero... todo o bo se fai esperar !
Presentámosvos o terceiro número da nosa  revista de PAZ, na que todas as nenas e nenos do cole se converten en xornalistas e redactan noticias que non é doado atopar nos xornais : noticias que falan de colaboración, tolerancia,  xustiza, amizade, alegría...
Que máis se pode pedir?

domingo, 9 de marzo de 2014

Rosalía

Esta é a homenaxe das nenas e nenos de 6º  no Día de Rosalía.
Traducimos ao inglés os primeiros versos do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
A ver que vos parece a montaxe que fixemos:


Rosalia de Castro Day - 24/02/2014
"Adios rios, adios fontes" translated into English by Students in Grade 6 -

lunes, 3 de marzo de 2014

Festa de Entroido

Todos os Entroidos, moit@s nais, pais, avoas, avós... e demais familia achéganse ao cole para ver os disfraces que elaboramos axudados polas profes, e nanlgúns casos, polas mamás ...
Este ano, o tempo non deu tregua, e tivemos que facer o desfile no interior por mor da chuvia. 
Pero, aínda a pesar do reducido do espazo, pasámolo estupendamente:



Festa de Entroido no CEIP Saco e Arce.
Proxecto; "A volta ao mundo con Efrén"

Semana de Entroido



 O luns, Efrén e un amigo que veu de visita apareceron disfrazados de Willy Fogg e Romy, os personaxes da serie de debuxos animados "A volta ao mundo"
Estamos tod@s (profes, mamás, papás, avoas... e nen@s ) traballando arreo para ter preparados os nosos disfraces para a festa do venres.... se o tempo o permite.

... Porque este  ano, con tanta chuvia e tanto vento ...
 Non sei ..., non sei como andará a cousa...
Dende logo, ímolo pasar ben de calquera maneira...


Comezamos a semana cos  Mandadiños de Efrén:


De tanto viaxar polo mundo , fómonos acostumando aos cambios:
Cambio de hora...
Cambio de moeda...
Cambio de idioma...
CAMBIOS, CAMBIOS, CAMBIOS...


Vede o resume da semana
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free picture slideshow

Tamén andamos atarefados ensaiando a canción que escribiron os nen@s maiores coa profe de música.
A música é da Orquesta Mondragón: " Ven Viaxar Connosco"