venres, 31 de outubro de 2014

Samaín no cole

Personaxes terroríficos e enfeitizados -bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus-  saen dos seus contos e lendas para mesturarse entre os mortais que se preparan con disfraces, carautas,  pelucas, pinturas, e libros e películas de terror para recibilos... sempre  mantendo o ambiente de troula e o bo humor.

Samaín 2014 by Slidely Photo Gallery


E.. este é o esconxuro que escribiron @s  brux@s de 5º e 6º de EP ...
Esperemos que non se cumpra...


  

Abaixo podedes ler o  libro "Monstros" no que colaboraron todas as nenas e nenos:


O Samaín: un pouco de historia


O Samaín   celebrábase  hai mais de 2500  anos en todo o territorio celta na noite do 31 de octubre con motivo do remate da temporada de colleitas e a chegada do inverno.



Os druídas consideraban esta data un momento perfecto para reverenciar as ánimas dos mortos que voltaban ás súas antigas casas a visitar ás súas familias, quentárense a carón do lume e comer os alimentos que os parentes con agarimo lles tiñan preparados.
Ao caer a tarde, os druídas acendían foqueiras para guiar aos mortos na escuridade e facilitarlles o camiño a aldea para participar nas honras preparadas polas familias. 
O costume era deixar comida e doces fóra das súas casa e acender candeas para axudar ás ánimas dos mortos a atopar o camiño cara a Luz e o descanso xunto ao Deus Sol, nas terrras do Verán. 
Pero ese último día, os espíritus tamén podían salir dos cemiterios e apoderarse dos corpos dos vivos para resucitar, pedirlles alimentos e maldecilos, facéndoos  víctimas de esconxuros se non accedían as suas peticions.
Algúns veciños adoitaban disfrazarse con peles e cabezas de animais para asustar e despistar a estes malos espiritus.


Esquecida case por completo durante décadas, a festa de Samaín comezou a recuperarse hai uns anos e a celebrarse e gran número de lugares onde algúns anciáns aínda recordaban a tradición que consistía na elaboración de feroces caveiras feitas de remolachas, nabos ou cabazas e que coincidía cos días de Defuntos e Todos os Santos (1 e 2 de novembro)
De estas tradicións celtas procede  o noso costume de reverenciar aos que xa non están connosco o Día de Defuntos, visitar os cemiterios e poñer flores e candeas nas sepulturas. 

No século XIX a tradición chegou a Estados Unidos dende países como Escocia e Irlanda, xa que moita xente emigrou a Norteamérica fuxindo da fame que asolaba Europa naqueles anos. Esta é a orixe do Halloween  (All Hallows' Eve, "véspera de Todos os Santos").


Santi Gutierrez

sábado, 25 de outubro de 2014

24 de Outubro, Día da Biblioteca

Coma todos os anos, celebramos o Día da nosa Biblio con varias actividades. Unha na que aos nen@s máis lles gusta é o apadriñamento lector, ao que nós lle chamamos Regáloche un conto.  Como estivo tan bo día, algúns aproveitaron para ler no patio. Outr@s preferiron ler no interior do cole, pero tanto uns coma @s  outr@s  buscaron o seu libro preferido e achegáronse cos seus "afillados" ao recuncho elixido .
Tamén participamos no Obradoiro de creación de marcapáxinas que organizaron @s profes. Así poderemos ter ao noso propio Efrén acompañándonos mentres lemos.

Día da Biblioteca, 2014 by Slidely Photo Gallery

domingo, 19 de outubro de 2014

Outubro... Mes das Bibliotecas

Outro ano máis, como sucede dende  1997  en recordo da Biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992  durante o conflicto dos Balcáns, estamos a piques de celebrar o Día da Biblioteca Escolar. 
Cantos proxectos e actividades levamos a cabo cada ano dende a Biblioteca Escolar  para todas as  aulas do  centro!
Sen dúbida, a Biblioteca é un recurso indispensable para espertar n@s nos@s alumn@s  a curiosidade e o gusto pola lectura. 

Preparamos unha nova tarefa para que levedes a cabo na clase. A  HORA de LER pode ser un bo momento:

Que  vos parece se, xunto coa vosa profesora ou profesor, comentades os  carteis sobre os libros e  a lectura que acharedes na presentación  ?
 Que vos suxiren as imaxes?
Estades de acordo coas mensaxes? Cambiariades algunha? 

Tamén podedes elaborar un cartel (individualmente ou en grupo) cun lema sobre o que vos inspira  a lectura, a biblioteca ou os libros .
Expoñeranse no taboleiro e...  @s que participedes teredes unha sorpresa!! 

sábado, 18 de outubro de 2014

Bibliotecas e cadros

Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?
Credes que haberá pintores que representen (ou representaron)  este tema nos seu cadros ?
Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas
 Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias,  mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.
 Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...
E vós, como vedes a biblioteca?
Que imaxe tendes dela?
Que é para vós?

Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas: 
En que biblioteca credes que estarán gardados os  vosos libros favoritos? 
Cal é a biblioteca que mais vos gustou? 

luns, 13 de outubro de 2014

Un proxecto con moita ARTE

Comezamos este curso poñendo en marcha un novo  proxecto; o proxecto no que todo o cole traballará de forma colaborativa : ESCOLA DE PINTORES.
Con el pretendemos achegar as nenas e nenos ao mundo da ARTE, máis concretamente ao mundo da PINTURA.
A arte é unha boa estratexia para a educación en todas as áreas. Nos primeiros anos, potencia o pensamento crítico, reflexivo e creativo. É unha ferramenta de aprendizaxe que  estimula a crear e innovar. Cando @s nen@s poden coñecer e apreciar obras de arte, estimulamos a súa sensibilidade e brindámoslles un modelo no que apoiarse. A actividade de crear é produto da capacidade de cada persoa para imaxinar, buscar e inventar, polo que xa dende pequenos debemos procurar que disfruten de actividades artísticas, usando a imaxinación e expresando libremente as súas ideas.
Ao estimular a libre expresión, todas as artes contribúen a desenvolver un aspecto esencial:a creatividade.
Segundo  o manifesto "20 razóns polas que a arte é boa para os nenos" do Museo de Arte para nen@s  MOCHA (Museum of Children's Arts- Oakland, California, USA), a arte estimula o cerebro, fomenta a autoestima, favorece a coordinación e a expresión, ensina a pensar e a resolver problemas. A arte é valiosa por sí mesma e, a través dos seus traballos, os rapaces/as aprenden a valorarse a sí mesmos e a mundo que os rodea.