xoves, 30 de xaneiro de 2014

Regalamos contos de PAZ

Para conmemorar o Día escolar pola PAZ, as e os axudantes de biblioteca prestáronse voluntarios a preparar un conto e lerllo aos seus compañeir@s.
Tivemos unha reunión para elixir os contos e "sortear" a que clase lle ía ler cada un... e durante as semanas previas á celebración conxunta, regalaron contos de paz aos compañeiros
 (Se picades nas portadas poderedes escoitar ou ler o conto)

Día 17: Lúa e Fani  len "Negros e Brancos" de David McKee @s nen@s de EI 5 (Actividades LIM de Julia Pérez Vázquez)


Día 20: Jesica le "Nadarín" de Leo Lionni  aos nenos e nenas de EI3

 
Día 21: Alex le "Pequeno azul e pequeno amarelo" as nenas e nenos de EI4


Día 22: Brayan le "A guerra dos números" a 1º de EP



Día 23: Irene le "E  que podo facer eu?" a 2º de EP


                                                       

Día24: Diego le "Kofu, o neno de chocolate" a 3º de EP


 

Día 27: Yago le "Laura e compañia saben comportarse" a EI3



Día 28: Clara le "Mellor falar que pelexar" a EI4



Día 29: Fermín le "A partes iguais" a EI5








Día 30: Lucía le "O Señor Guerra e a señora Paz" a 1º EP
Día 31: Sofía le "Leonor y la paloma de la paz" a 2º de EP

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Latas pola PAZ

A PAZ é un bo motivo para dar a lata

O proxecto "Latas pola Paz" naceu hai uns anos na ONG malagueña Admundi,   e consiste en transmitir mensaxes de paz e non violencia empregando latas recicladas e decoradas polas nenas e nenos.

Asi que ... ide buscando a vosa lata e preparádevos,  porque este ano... imos dar a lata!