domingo, 24 de febrero de 2013

Todas con Rosalía

Este é o título do vídeo que nos envía a AELG .
Mulleres de Galicia, escritoras e non escritoras, actrices, vendedoras, estudantes, nenas, novas e non tan novas, gravaron este video colectivo achegando ao presente os poemas de Rosalía ...

martes, 19 de febrero de 2013

Preparando o Día de Rosalía

 Neste cartaz dixital atoparedes recursos para preparar o Día de Rosalía.
Espero que vos sexan útiles



E aquí tendes  o ppt que preparou a "profe" Marisa para que os pequerrechos coñezan a vida de Rosalía:

miércoles, 13 de febrero de 2013

O noso Entroido


Seguindo coa tradición de disfrazarnos segundo o tema do proxecto que se está a  desenvolver no centro, este ano toca "Con Efrén nos Xogos Olímpicos".

Comezamos a semana cos "mandadiños" que Efrén nos encarga para cada día:
O venres é o día grande.
 Despois de xantar puxemos os disfraces que preparamos nas clases e saímos ao patio. 
As vestais portadoras do lume Olímpico leron o pregón, invitando a tod@s a participar da festa:

Moitos pais, nais, avós... e amigos achegáronse ao cole  a ver o noso desfile.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

A profe de música escribiu a letra da canción deste ano "Imos a gañar!", coa música
 de Gangnam Style.
E aprendemos unha coreografía que ten moito que ver cos deportes...
 A ver cantos atopades representados no noso baile...

lunes, 11 de febrero de 2013

Reporteiros pola PAZ

Este é o segundo número da nosa revista de PAZ.
Como nos xornais resulta dificil atopar noticias que falen de solidariedade, respecto, compañeirismo... decidimos facer unha revista onde estes valores e outros moitos sexan os protagonistas.
A ver que vos parece:

sábado, 9 de febrero de 2013

O mundo é grande

Este ano eliximos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra, con música de Leroy Anderson "The Syncopated clock".
Tod@s aprendemos a canción e xa podedes escoitar as nosas "melodiosas voces ".
Dádelle ao PLAY:



Coa teacher escribimos unha nova letra para a canción.
Queredes cantala? 
Visitade  SKILLS, o blogue da clase de inglés.

domingo, 3 de febrero de 2013

Manifesto de PAZ

O Día da PAZ non é so un día máis no ano.
Nos comprometémonos a celebralo todos os días, por iso escribimos este Manifesto de PAZ, que foi medrando ao pasar polas aulas.
Gravámolo e fixemos este video:


Aquí podedes ler os nosos COMPROMISOS: