Que comezar
un novo ano sexa a oportunidade para novas alegrías, que atopemos novos
libros que nos sorprendan, que nos cambien, que nos fagan mellores e que
compartir, axudar, e participar sexan os verbos que nos permitan escribir
o libro das nosas vidas. Grazas a tod@s por non resignarvos
a ser só personaxes secundarios nesta comunidade escolar, e por formar parte do grupo dos
que sabemos que os libros, ademais de entreter e ser sementes de cultura, poden
ser un medio de compartir, vivir aventuras e facernos máis persoas.
As palabras de Nelson Mandela constitúen o seu mellor legado. Deixovos unha recompilación de declaracións extraídas de discursos, entrevistas, diarios persoais e cartas que escribiu ao longo da súa vida. Para que reflexionemos...
O corazón de Nelson Mandela, MADIBA como lle chamaban cariñosamente no seu país, apagouse o pasado xoves día 5 . Para tod@s foi un exemplo de BONDADE e un firme defensor da LIBERDADE , a DIGNIDADE e a UNIDADE do seu pobo. Todo isto adornado co seu SORRISO imborrable. Nunca perdeu o optimismo: foi condenado a cadea perpetua realizando traballos forzados nas canteiras de cal, pero en ningún momento dubidou de que sairía e liberaría ao seu pobo. Todos os líderes mundiais esixiron a súa posta en liberdade e cando quedou libre, despois de 27 anos, renunciou públicamente á violencia e comprometeuse a atopar unha solución para acabar coa situación de discriminación na que vivían os negros en Sudáfrica. "Transformou a historia do seu país dunha maneira que parecía inconcevible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía que no campo da política, ás veces, os milagres son posibles" (Mario Vargas Llosa) Loitou contra a pobreza, a desigualdade e o racismo no que vivía a xente negra durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles. Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica. Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, un home irrepetible. "Mandela es el mejor ejemplo que tenemos —uno de los muy escasos en nuestros días— de que la política no es sólo ese quehacer sucio y mediocre que cree tanta gente, que sirve a los pillos para enriquecerse y a los vagos para sobrevivir sin hacer nada, sino una actividad que puede también mejorar la vida, reemplazar el fanatismo por la tolerancia, el odio por la solidaridad, la injusticia por la justicia, el egoísmo por el bien común, y que hay políticos, como el estadista sudafricano, que dejan su país, el mundo, mucho mejor de como lo encontraron."(M. Vargas Llosa - "Elogio de Nelson Mandela")
Para coñecer máis cousas sobre a vida deste home, podedes ver este documental:
E esta é a nosa homenaxe a este home bo e xeneroso, exemplo de reconciliación e de concordia.
A música é unha canción que Silvio Rodríguez, un cantautor e poeta cubano, dedicou a Víctor Jara ( outro poeta que foi encarcelado e feito desaparecer por defender ao seu pobo) Creo que se axeita moi ben á figura de Nelson Mandela.
Que pensades vós da figura de NELSON MANDELA?
Anímovos a que deixedes os vosos comentarios.