luns, 25 de marzo de 2013

A festa da Árbore

A nosa homenaxe ás nosas árbores
Coma todos os anos (ou case todos)  celebramos o día da árbore cunha charla medioambiental e unha prantación.

Pepe Santos Otero, é un axente forestal que con asiduidade visita o noso cole, para concienzarnos da necesidade de que tod@s nos impliquemos no coidado dos bosques.
En primeiro lugar mostrounos unha presentación en ppt que daba a coñecer algúns datos escalofriantes sobre o impacto dos incendios, sobre todo en Ourense. Tamén nos falou do valor dos nosos recursos e da importancia de ter conciencia ambiental xa dende pequen@s.

E esta é a nosa pequena homenaxe :

xoves, 21 de marzo de 2013

Palabra de árbore

As árbores están ao noso arredor e teñen, como calquera outra especie animal ou vexetal, unha función definida no ecosistema. Por iso é importante coñecelas e respectalas, para asegurar a  súa conservación para xeracións futuras e para a propia saúde do planeta.
Acompáñannos desde o principio dos tempos e, entre outras cousas,  proporciónannos sombra, humedecen o ambiente, osixenan e purifican o aire, diminúen a contaminación, protexen contra a erosión e engaden beleza a paisaxe.
 Son unha obra de arte natural e  un agasallo para os sentidos. 
O mesmo que a poesía.
Debe ser por iso que o 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, coinciden as dúas conmemoracións :o DÍA DA ÁRBORE  e o DÍA DA POESÍA.
Este ano preparamos esta MiniQuest que vos irá guiando para que , 
empregando a información que achedes nos libros da biblio e na rede, aprendades cousas novas e recordedes outras moitas que xa sabiades sobre as árbores . 
No obradoiro literario propoñémosvos que poñades a proba a vosa creatividade e escribades un poema, un canto ás árbores e ao bosque.

MiniQuest: PALABRA DE ÁRBORE

Aquí atoparedes contos, xogos, información, adiviñas.... e unha GUIA DE LECTURA para estes días 
<

Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz

xoves, 14 de marzo de 2013

Os pequerrechos con Rosalía

Por fin, despois de todas as gripes e febres que visitaron o cole , poidemos editar o video  da homenaxe a Rosalía dos nenos e nenas de E. Infantil.

Inacio Vilariño

Recibimos a visita de Inacio Vilariño por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A.

Foi unha sesión de animación pensada para nen@s dende os 3 anos, co fín de achegal@s un pouco máis ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...
Inacio adícase a escribir, pero tamén as artes escénicas e dirixe unha compañia "Fantoches Baj", coa que ten representado varias obras. 
A súa admiración pola cultura popular reflíctese tanto no eido investigador como creativo. No ano 2009 gañou o VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos coa súa obra "Auga que non has beber". Ao ano seguinte foi o gañador do VIII Premio Barriga Verde na modalidade infantil con "Fábula Galénica"
Descubrimos que  é un deses contacontos que fai que @s nen@s se metan no conto e participen activamente. 
Contounos varios contos de burros e rematou cunha canción onde empregou o encadeamento de elementos propio dos contos acumulativos.
Tod@s lle axudamos a cantala e, como proba, queda este video:

luns, 11 de marzo de 2013

Semana da prensa


LIM de Biblikolegas

Comezamos a Semana da Prensa. É unha conmemoración que aparece no calendario escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación nas aulas.

Picade nas imaxes  para aprender máis. Logo podedes demostrar o que sabedes realizando unhas sinxelas actividades

LIM do CEIP de Cespón e o CEP Pilar Maestu


domingo, 10 de marzo de 2013

Reescribindo "O neno can"

Como colofón á lectura do libro "O NENO CAN" de Francisco Castro e Fina Casalderrey, as nenas e nenos do 3º ciclo levaron a cabo a reescritura dos 5 relatos dos que consta. 
Como o fixeron?  Meténdose dentro do libro e facéndose coprotagonistas do mesmo. 
Os traballos están publicados no blogue "O souto dos laretas".
Deixovos a ligazón:
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/category/creacion-literaria/

Queremos dar as grazas a Francisco Castro por facerse eco do noso traballo, pois leva un tempo compartindoo con todos os seus amig@s do facebook.
Grazas por esta mostra de cariño cos nos@s nen@s e co noso cole.

Este é o seu primeiro comentario:

Impresionado polo traballo alucinante dos nenos e nenas de 3º ciclo do Ceip Saco E Arce de Toén, que están reescribindo O NENO CAN, de Fina Casalderrey e meu. Hoxe queda aquí, convertido en nova de xornal, o primeiro dos contos pero como se estivese protagonizado por un neno das aforas de Ourense.
Impresionado, de verdade que si, ao ver como estes personaxes van collendo vida de seu, vivindo noutras latitudes. Grazas e grazas.”

xoves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo

Déixovos uns recursos para  aprender máis , pero sobre todo para reflexionar e debatir sobre o Día da Muller.
É unha data  que debe seguir conmemorándose?
Que vos parece?



Bicos e Apertas

O amor aos fill@s é instintivo e sin condicións. É o único amor que dura para sempre, o único que non nos vai defraudar nunca.
@s fill@s precisan que os pais lles manifesten o seu afecto con palabras, con xestos, con bicos e apertas.
E que mellor maneira que dedicarlles un poema? 
Porque cada un d@s nos@s nen@s é unic@ e irrepetible, e esa diferencia é o que @s fai únic@s e valios@s.
E este recoñecemento é esencial para desenvolver a súa autoestima.
Recollemos nestas presentacións os poemas que escribistes para agasallar aos vosos fillos e fillas o día de San Valentín.
Podedes sentirvos orgullos@s!! 

BicosApertasbi


More PowerPoint presentations from Ceip Saco E Arce

E esta é a ligazon para ver os poemas de E. Infantil
http://www.authorstream.com/Presentation/ceipsacoearce-1723966-bicosapertasei/

venres, 1 de marzo de 2013

A nosa homenaxe a Rosalía

Esta é a homenaxe d@s alumn@s de Primaria a Rosalía 
de Castro. 
Build your own custom video playlist at embedr.com
Estamos a editar os videos do recitado dos nenos e nenas de E.Infantil. Pronto estarán listos
web hosting reviews