jueves, 20 de diciembre de 2012

200 aniversario dos contos dos irmáns Grimm



Había unha vez dous irmáns escritores que se embarcaron na aventura de recompilar nun libro os mellores contos populares da súa época.
Hoxe cúmprense  dous séculos da primeira edición dos contos destes dous irmáns, unha recompilación de historias que recolleron da tradición oral alemana.
A Carapuchiña Vermella, Brancaneves, A Cincenta, Hansel e Gretel, Rapunzel, A bela adormecida ou Xan sen medo son algúns dos contos que aparecen neste libro que, dende o ano 2005 forma parte do Patrimonio Cultural da Humanidade.

 Picade an imaxe e lede todos os contos que queirades

martes, 18 de diciembre de 2012

O quebranoces

Hoxe hai 120 anos que Tchaikovsky tivo a xenial idea de compoñer a música do ballet "O Quebranoces".



Efrén e os  seus amig@s prepararon unha coreografía especial para tod@s vós.

Picade na imaxe  e seguide as instrucións:



miércoles, 12 de diciembre de 2012

12/12/2012: Deitado frente ao mar...

Por Fin! 
Dia 12/12/2012 ás 12. 
Tod@s os que estabamos no cole (alumn@s, profes e cociñeiras), ademáis de dúas mamás que viñeron acompañarnos (grazas por vir e por estar sempre aí) reunímonos no patio para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema de Celso Emilio. 
A profe María fixo o mural-cadro e os nenos, nenas e profes axudámoslle a colorealo.
Quedou así de precioso!
É unha artista ... unha verdadeira artista!


Deitado frente ao mar 

Este poema de Celso Emilio Ferreiro apareceu publicado por primeira vez en 1962 no libro "Longa Noite de Pedra". 
Nel, o autor fai unha defensa contundente da lingua galega, da NOSA LINGUA NAI. 
Nós subscribimos todo o que di nos seus versos, un por un.




Gravamos uns  vídeos rapeando, pero mentres os editamos, podedes ver este que preparamos coas fotos:

jueves, 6 de diciembre de 2012

Recitando a Celso Emilio: 12/12/2012 ás 12.00

Ao rematar o ano no que se cumpre o centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unhas das figuras máis relevantes da literatura galega da segunda metade do século XX, decidimos rendirlle homenaxe sumándonos á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL).
E, en que consiste esta iniciativa? 
Pois  nun acto colectivo de recitado público do seu poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962), un dos seus poemas máis emblemáticos.
Se queredes participar neste acto, so tendes que achegarvos ao colexio o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. 

Pero nós xa comezamos o día 5.
Pintamos no patio os primeiros versos do poema para mostrar o noso compromiso cara á lingua galega, porque si, porque nos peta.
Escoitade a gravación do rap que preparamos para o día 12. Prometemos seguir ensaiando!!