jueves, 31 de mayo de 2012

Contaxia

Esta tarde,tivemos un espectáculo de maxia, música e contos "CONTAXIA".
Está incluído  dentro do programa XOGAR EN GALEGO É DIVERTIDO, no que colabora o Concello de Toén e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
E a verdade é que o bardo Abelardo, Fátima Fernández e o mago Toño  contaxiáronnos  a alegría.
A maxia das palabras dos contos mesturouse coas palabras máxicas do mago e o espectáculo "enfeitizou" aos  pequenos e aos non tan pequenos; a tod@s os que aínda cremos na maxia.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

E, aínda por riba, agasalláronnos cun libro da Ed. Galaxia. E tamén deixaron uns cantos para a biblio.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Parabéns, Enhorabuena, Congrats!

Si,en todas as linguas que manexamos, quero dar a noraboa 
ás nenas e nenos do 3º Ciclo que co seu blog acaban de gañar o primeiro premio de blogs do Programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia.

Chámase "O Souto dos Laretas" . É o blog da área  de Cidadanía e nel  @s alumn@s  investigan e escriben sobre temas de actualidade que a profesora lles propón.
 É unha maneira moi eficaz de mellorar as competencias básicas... TODAS.
Neste momento, no centro están funcionando 4 blogs e estamos moi motivados para seguir traballando como ata agora.

Aquí vos deixo a noticia que apareceu no xornal:


E estes son @s protagonistas:


Aquí podedes ler as impresións do xurado que outorgou os premios:

"... el informe del jurado indica que el primer clasificado, O Souto dos Laretas, ha realizado “desde el mes de noviembre 93 entradas muy trabajadas y de gran calidad, que muestran una variedad de fuentes y de temáticas de las noticias analizadas”. Constatan también “un excelente criterio a la hora de utilizar las imágenes y otros elementos gráficos” y enfatizan “la buena factura de su maquetación”.



miércoles, 23 de mayo de 2012

Festival das Nosas Letras

Coma todos os anos, @s alumn@s e profesor@s estivemos moi atarefados preparando a Festa das Letras.
Cada grupo preparou unha (ou varias) aportacións: obras de teatro, cancións, bailes, música...
Tivemos de todo un pouco.
Noraboa a tod@s polo traballo ben feito!
Aquí vos deixo unha pequena mostra das actuacións d@s nos@s artistas:


Grazas a Julia do CEIP Mestres Goldar por compartir a obra "Coida a túa lingua".
Pareceunos moi axeitada para estas datas.

jueves, 17 de mayo de 2012

Orgullosos da nosa lingua

Letras Galegas todo ano.
 Tratemos de defender o noso idioma 
Tratemos de manter viva a nosa lingua
 É algo fermoso, algo que nos distingue, 

Un día para todo o ano

Día do Pai, Día da Nai, Día do Neno, Día dos Maiores... e así ata chegar ao 17 de maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o día da nosa lingua.





sábado, 12 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012

Aquí vos deixo o CARTAZ DIXITAL  que preparei sobre Valentín Paz Andrade.


Botádelle unha ollada e atoparedes enlaces a páxinas con xogos, datos, videos e outros materiais sobre este insigne galego:


viernes, 11 de mayo de 2012

Os Maios no cole

Todos os anos, no cole celebramos o Día dos Maios, unha das  festas de maior  tradición en toda a nosa provincia.
Esta festa anuncia, ou mais ben reclama, a chegada da primavera.
Nas aulas creamos coplas nas que comentamos cousas que pasaron no cole ou nos nosos pobos. Outras refírense aos profes ou aos compañeiros e compañeiras.
Fixemos un maio enxebre, de forma piramidal. O armazón fixémolo con listóns de madeira. Recubrímolo con musgo, xestas, fiúncho, uces e carqueixas.
Adornámolo con flores, cascas de ovo, carrabouxos...Este ano, como choveu tanto, case que non poidemos atopar flores... pero a ilusión que puxemos ao adornalo foi a mesma que calquera outro ano...
Aqui podedes vernos cantando as coplas:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow made with Smilebox


E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP






jueves, 3 de mayo de 2012

Ánxeles Ferrer visita a nosa Biblio

Seguimos navegando polo mar dos libros. Esta vez na compaña dunha ilustradora : Ánxeles Ferrer.
Os libros que máis nos gustan son aqueles nos que as ilustracións teñen un lugar primordial.
Ánxeles ten ilustrado moitos libros que temos lido: "O quirico Lambón", "O grilo Gastón" " Farrapos de Nube".
Ánxeles, non esqueceremos o teu paso polo colexio!