lunes, 30 de enero de 2012

Un curto moi especial

O blogue "Trafegando Ronseis" agasállanos con esta curtametraxe.. 
Titúlase "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore".
 É sobre o mundo dos libros e a imaxinación. 
Mirade e escoitade... estou seguro de que vos encantará.


 Xa me contaredes!!!

sábado, 28 de enero de 2012

Poemas de PAZ

Moitos poetas dedicaron as súas verbas a algo tan importante como a PAZ.
Todos queremos PAZ e a poesía  é a forma máis doce de pedila:

Open publication - Free publishing - More non violencia
OS NOSOS POEMAS DE   PAZ
As alumnas e alumnos de 6º convertíronse en poetas e escribiron estes poemas para conmemorar o Día da PAZ.

domingo, 22 de enero de 2012

Día Escolar pola PAZ


Un ano máis achégase o 30 de xaneiro .
Paz e violencia, amor e odio, egoísmo e solidariedade... son as dúas caras dunha mesma moeda. Na educación, no seu poder transformador,  está a clave para que triunfe unha sobre a outra.
 Desde a Biblioteca aplaudimos o traballo  de todas as mestras e mestres en fomento da convivencia, do diálogo, da interculturalidade; a prevención da violencia, a solución de conflictos por medio da palabra, a igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres,... todos eses obxectivos que simbolizan nun día o traballo de todos os días do ano.

A PAZ existe, ¡claro que existe!... Temos que buscala no corazón das persoas de ben, que son a maioría, pero sobre todo, temos que atopala dentro  do noso propio corazón...
                                                                                        
Aquí vos deixo o libro de Anna Obiols "Me llamo Paz". Seguro que vos gusta.


Open publication - Free publishing - More infantil
                                                
Agora podedes xogar a ser piratas na illa do tesouro. Adiviñades cal é o tesouro máis grande? A ver se o conseguides...


(Picade na imaxe)

miércoles, 18 de enero de 2012

Cancións para a PAZ

Coma cada ano, imos celebrar no cole o Dia da Paz.
Xa estamos cos preparativos.
Unha das actividades que máis nos gusta é cantar xuntos cancións relacionadas con este tema.
Aquí vos deixo unhas cantas que xa cantamos outros anos, e outras novas...

Xa podedes ir ensaiando...

martes, 17 de enero de 2012

Preparados... Listos... PAZ!

Propóñovos un reto para a próxima semana.
 É sobre a PAZ.
Sabedes por que se conmemora o día 30 de xaneiro e non outro día?
Ao longo da historia houbo moitas mulleres e homes que traballaron e loitaron pola Paz. Uns son mais coñecidos que outros, pero todos foron importantes.
Mahatma Gandhi foi un destes homes  e paréceme interesante que investiguedes sobre el. Onde vivía? Cales eran as súas ideas?
A ver que averiguades! 
Deixovos unha recompilación de recursos feita polo equipo da biblioteca do CEIP Victor Saenz de Mazaricos para que vos bote unha man co traballo. .https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
Cando o teñades, dádello @ vos@ profe ou deixádeo na biblio.

lunes, 16 de enero de 2012

A escola, espacio de PAZ


"Se pos PAZ dentro de tí, estarás poñendo PAZ ao teu redor"

DECÁLOGO PARA ESTAR EN PAZ

1. Tí es alguén moi importante. Quérete.
2. Valora aos teus amigos. Iso daralles seguridade.
3. Descubre todo o que te une aos demáis, é mais importante que o que te separa deles.
4. Respeta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.
5. Aprende a escoitar, comprenderás mellor aos demáis.
6. Esfórzate por terminar ben as tuas tarefas. Disfrutarás co  resultado.
7. Cumpre coas tuas responsabilidades, os demáis   necesítano.
8. Traballa en grupo: Ninguén sabe máis que todos xuntos.
9. Comparte as  tuas cousas cos demáis. Serás máis feliz.
10. Pon paz dentro de ti, desta maneira estarás poñendo tamén paz ao teu
carón.

Aquí vos deixo uns cantos libros para que reflexionedes sobre estes temas:


Open publication - Free publishing - More guia lectura


Pica na imaxe e visita esta aplicación onde atoparás información relacionada coa non violencia e a paz, con personaxes importantes, premios Nobel, letras de cancions, poemas, un caderno para traballar na aula que podes imprimir, enlaces de interese...

lunes, 9 de enero de 2012

En Leer.es atopei este video sobre a lectura e a riqueza da lingua.
 Espero que vos guste. 
"O voso mundo será tan rico como o sexan as vosas palabras".
E vós, que opinades?