xoves, 31 de maio de 2012

Contaxia

Esta tarde,tivemos un espectáculo de maxia, música e contos "CONTAXIA".
Está incluído  dentro do programa XOGAR EN GALEGO É DIVERTIDO, no que colabora o Concello de Toén e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
E a verdade é que o bardo Abelardo, Fátima Fernández e o mago Toño  contaxiáronnos  a alegría.
A maxia das palabras dos contos mesturouse coas palabras máxicas do mago e o espectáculo "enfeitizou" aos  pequenos e aos non tan pequenos; a tod@s os que aínda cremos na maxia.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

E, aínda por riba, agasalláronnos cun libro da Ed. Galaxia. E tamén deixaron uns cantos para a biblio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario