luns, 26 de marzo de 2012

22 de Marzo, Dia Mundial da Auga


En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.
A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga, de tratala como o que é: fonte de vida
Durante séculos a auga foi tamén fonte de inspiración para a arte, que a representou a través da música, a pintura, o cine e , como non, a literatura.
Aquí vos deixo esta pequena escolma de poemas onde a auga é a protagonista:

domingo, 25 de marzo de 2012

Poesía ao aire libre

O 21 de marzo, como na maioría dos "coles" celebramos o Día Mundial da Poesía.
Como? Cun recital de poesía, como non podía ser menos!

 Por grupos, parellas ou individualmente eliximos (ou, máis dificil ainda, escribimos) un poema (ou dous...) e recitámosllo @s compañeir@s.
 Fixémolo ao aire libre, por aquilo de respirar aire puro e para deixarnos inspirar pola paisaxe do noso redor. Ao rematar, colocamos cada poema pendurado do tronco das nosas árbores, para que este día non pasase inadvertido fóra da escola.
 E asegúrovos que tivo éxito a iniciativa, pois dende as ventás observamos como varias persoas se paraban a ler os nosos poemas.
Dedicade un anaco a ver o video do recital:



Aquí vos deixo a recompilación de poemas que recitamos:

21 de marzo, Viva a poesía!

A poesía é unha das mellores vías para achegar @s nen@s á lectura.
É unha ferramenta moi útil para aprender a xogar coas palabras, coas rimas e á vez entender  e expresar sentimentos e emocións.
A poesía pode divertir, motivar e dar placer @s nen@s dende a idade infantil.
Se aínda non adquiriron a técnica da lectura, estarán encantad@s de escoitar poemas na aula ou na casa e ata de memorizar algúns versos, enriquecendo así a súa expresión oral.
 Se xa son capaces de descifrar as mensaxes escritas, os poemas faranlles sentir a lectura como un placer que acaban de descubrir.
 Oxalá nunca se extinga ese placer que produce coller un libro, abrilo  e deixar que a vista se deslice polas  palabras rimadas!
"Un poema para la poesía" 
La poesía...
 nos rescata del tedio                                                              Manola Vázquez  (Marín-Pontevedra)
 de horas sin sentido 
saca a volar los pájaros dormidos 
de sueños que soñamos 
en tardes de verano.
 Nos empuja a la vida
 resalta colores, pasiones,
 ofrendas antiguas
 diamantes en bruto
 ríe a nuestro lado
 y sabe acompañarnos
 llorando nuestro llanto 
en horas de dolor. 
Susurra al oído
 palabras tan dulces
 hilvana tejidos
 de frases de amor.
 Siembra en los jardines                                                          las flores más bellas                      
 saca de paseo 
nuestras soledades 
con manos amigas
 abrazos y orejas
 hombros predispuestos
 para recibirnos. 
La poesía es niña, 
 ternura, consuelo 
amiga de noche 
secretos en voz baja
 maga fantasiosa
 un mar muy azul
 silencio que entiende
 raíz y presencia 
el arma poderosa 
que usamos para vivir.
Lili Frezza  (Argentina)        
Estes poemas atopeinos no portal  "Letras y algo mas" , unha páxina onde varias persoas comparten os seus poemas.                        

luns, 12 de marzo de 2012

Aventuras dun xornal

Navegando pola rede atopei este conto de Mary Solari, publicado en castelán pola editorial Santillana.
Aquí volo deixo en galego:  


domingo, 11 de marzo de 2012

Semana da Prensa

Todos os anos  no mes de marzo, este ano entre o 12 e o 16, os centros escolares  celebran a Semana da Prensa.
No noso centro a hora de Atención Educativa está dedicada ao Obradoiro de Prensa e Artes Plásticas, por iso,  nós a "Semana da Prensa" celebrámola todo o ano.
Tratamos de realizar actividades que sirvan para familiarizar aos nos@s alumn@s  con este medio de comunicación. 
A prensa, nos seus diferentes soportes, é un bo  recurso  para fomentar a lectura, para afianzar o uso das TIC, para poñer a funcionar o noso sentido crítico... 
Desde a Biblioteca,  vouvos  propor algúns recursos e actividades para estes días que atopei "surfeando" pola rede:
  • Los medios de comunicación: El periódico: (pica na imaxe
  • La prensa: De la página de L. Domenech y Ana Romeo " lyL Materiales" 
  • Investiga con Mik sobre a prensa:caderno de traballo sobre a  prensa para completar en equipo, elaborado polo Ceip Mestres Goldar



xoves, 1 de marzo de 2012

Preparándonos para o 8 de marzo

Colección de Contos para reflexionar: 
  • "El libro de los cerdos" de Anthony Browne
¿Por qué se titulará así?



  • "El príncipe Ceniciento" de Babette Cole


  • "La Cenicienta que no quería comer perdices"  de NUNILA LÓPEZ SALAMERO