xoves, 20 de decembro de 2012

200 aniversario dos contos dos irmáns Grimm



Había unha vez dous irmáns escritores que se embarcaron na aventura de recompilar nun libro os mellores contos populares da súa época.
Hoxe cúmprense  dous séculos da primeira edición dos contos destes dous irmáns, unha recompilación de historias que recolleron da tradición oral alemana.
A Carapuchiña Vermella, Brancaneves, A Cincenta, Hansel e Gretel, Rapunzel, A bela adormecida ou Xan sen medo son algúns dos contos que aparecen neste libro que, dende o ano 2005 forma parte do Patrimonio Cultural da Humanidade.

 Picade an imaxe e lede todos os contos que queirades

martes, 18 de decembro de 2012

O quebranoces

Hoxe hai 120 anos que Tchaikovsky tivo a xenial idea de compoñer a música do ballet "O Quebranoces".



Efrén e os  seus amig@s prepararon unha coreografía especial para tod@s vós.

Picade na imaxe  e seguide as instrucións:



mércores, 12 de decembro de 2012

12/12/2012: Deitado frente ao mar...

Por Fin! 
Dia 12/12/2012 ás 12. 
Tod@s os que estabamos no cole (alumn@s, profes e cociñeiras), ademáis de dúas mamás que viñeron acompañarnos (grazas por vir e por estar sempre aí) reunímonos no patio para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema de Celso Emilio. 
A profe María fixo o mural-cadro e os nenos, nenas e profes axudámoslle a colorealo.
Quedou así de precioso!
É unha artista ... unha verdadeira artista!


Deitado frente ao mar 

Este poema de Celso Emilio Ferreiro apareceu publicado por primeira vez en 1962 no libro "Longa Noite de Pedra". 
Nel, o autor fai unha defensa contundente da lingua galega, da NOSA LINGUA NAI. 
Nós subscribimos todo o que di nos seus versos, un por un.




Gravamos uns  vídeos rapeando, pero mentres os editamos, podedes ver este que preparamos coas fotos:

xoves, 6 de decembro de 2012

Recitando a Celso Emilio: 12/12/2012 ás 12.00

Ao rematar o ano no que se cumpre o centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unhas das figuras máis relevantes da literatura galega da segunda metade do século XX, decidimos rendirlle homenaxe sumándonos á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL).
E, en que consiste esta iniciativa? 
Pois  nun acto colectivo de recitado público do seu poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962), un dos seus poemas máis emblemáticos.
Se queredes participar neste acto, so tendes que achegarvos ao colexio o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. 

Pero nós xa comezamos o día 5.
Pintamos no patio os primeiros versos do poema para mostrar o noso compromiso cara á lingua galega, porque si, porque nos peta.
Escoitade a gravación do rap que preparamos para o día 12. Prometemos seguir ensaiando!!

martes, 20 de novembro de 2012

20 de novembro, Día d@s nen@s

O día 20 de novembro  é o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas
É unha data que nos fai recordar que os meniños non son só uns seres fráxiles que precisan que os protexamos, senón  que son persoas que teñen dereito a seren educados, coidados e protexidos sen ter en conta  onde teñan nacido. 
E aínda máis... un nen@ é unha persoa que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse.Tod@s os nen@s teñen dereito a iren á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
 Na web Infantil 2.0 atopamos este cartel para conmemorar este día. Nós adaptámolo  á nosa lingua:


luns, 19 de novembro de 2012

Os Bolechas teñen club


Gustaríache pertencer ao club dos Bolechas?
(pica na imaxe)
Ademais, se visitas a súa páxina podes xogar,  enterarte de todas as novas relacionadas con eles, e moi pronto poderás interactuar cos seus libros...Parece interesante, non si?

venres, 16 de novembro de 2012

sábado, 3 de novembro de 2012

E agora... a preparar o magosto.


Xa rematou a festa do Samaín_que noutros sitios chaman "jalogüin"_ e agora... que toca?
 Pois, claro! ... Preparar o MAGOSTO, a festa do outono en Galicia.
As castañas son moi típicas nesta época, e tamén as festas nas que os amigos, veciños e familiares xúntanse para cocelas nas cacharelas e comelas ao son da música.
  • Primeiro imos repasar un pouquiño con estas actividades que prepararon noutros coles:



E. Infantil e 1º Ciclo     1  -   2  -  3 -

Segundo Ciclo     1  -  2  -

Terceiro Ciclo     1  -  2- 3



  • Agora podemos aprender máis cousas sobre os castiñeiros e as castañas ...

Información documental :     1 - 2 - 3 -  4 - 5 - 6 -7 -

Refráns : 1 -

Poemas, ditos, adiviñas  : 1

Lendas , refráns : 1



  •  E podemos aprender cancións e ver uns videos 

Música  : 1 - 2 - 3 - 4 -5 - 6  -

Vídeos  : 1 - 2  - 3 - 4 - 5

Cancións :  1 -  

Contos- 1 - 2 - 3 -

xoves, 1 de novembro de 2012

Día de Samaín no cole

Queredes ver como celebramos
 o Día do Samaín no cole?

Mirade as fotos...
Veredes como decoramos o colexio, 
as nosas cabazas e os nosos disfraces.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow created with Smilebox

E se queredes  pasar un anaco lendo....

domingo, 28 de outubro de 2012

A Arte: materia obrigatoria

"Surfeando" pola rede atopei este video con  letra e a música   de Jesús Sáez e realizado polo grupo Masartísticas para defender a presenza das ensinanzas artísticas na educación.
 Tamén  recollen  as esixencias que se escoitan nestes tempos tanto na rede coma na rúa :unha educación pública de calidade e unha lei de educación estable e consensuada, non suxeita aos cambios políticos.

Aquí volo deixo:


venres, 26 de outubro de 2012

Volve a noite dos mortos...

Está a piques de chegar de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos.

Neste mural dixital atoparedes recursos para celebrar esta festa con cancións terroríficas , películas arrepiantes , libros monstruosos  ... e moito máis.
Picade nos enlaces se vos atrevedes  e... deixádevos levar  ao máis alá....

xoves, 25 de outubro de 2012

O Día da nosa Biblio

Todas e todos participamos con moito entusiasmo na celebración do Día da Nosa Biblio e Efrén agasallounos cun punto de lectura.
Puxemos en práctica un xogo que nos gusta moito: Lecturas Compartidas
Non sabedes como se xoga? 
Queredes coñecer as regras?
 Aquí volas deixo:

Open publication - Free publishing - More animacion

Tamén vos deixo as fotos da actividade:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow generated with Smilebox

martes, 23 de outubro de 2012

Descubrindo a Biblio

Como sei que  sodes socios do "Club de Amigos da Biblio" e coñecedes todos os seus recunchos porque a visitades moi a menudo ... aquí vos deixo uns xogos para que demostredes a vosa "sabedoría"
(Isto é un reto. A ver quen é  capaz de superalo)

sábado, 20 de outubro de 2012

Semana da Biblioteca

Coma cada ano, no mes de outubro a protagonista é a Biblioteca.O día 24 celebramos o Dia Internacional das Bibliotecas grazas a iniciativa dos Amigos do Libro infantil e XuvenilAlguén dixo que "onde hai unha biblioteca hai unha luz" e dende o colexio queremos que esa "luz" chegue a todos e todas, non só aos nenos e nenas, que á visitan moi a menudo, senón tamén ás familias. Porque os libros son unha  maneira de voar, de viaxar no tempo e no espazo, de enriquecernos coa única riqueza que merece realmente a pena... e o exemplo das familias é fundamental para consolidar o hábito lector.
Entrade, a porta está aberta para participar, ler, descubrir 
e pasar un bo rato xuntos.
Acompañade a Efrén  nesta viaxe e descubriredes como movervos pola biblio coma un peixe pola auga, ou mellor dito, coma un libro polos andeis....
Acompaña a Efren na súa visita á Biblioteca escolar

Aqui vos deixo tamén un conto que vos axudará a entender como están clasificados os libros na nosa biblioteca e en todas as do mundo...

xoves, 18 de outubro de 2012

Herman Melville e "Moby Dick"

Herman Melville enWikipedia
Hoxe fai 161 anos que Herman Melville publicou a súa novela "Moby Dick" que narra a persecución do capitán Ahab a unha balea branca a bordo do barco baleeiro Pequod. A historia está narrada por Ismael, un grumete que é testigo de todas as aventuras.
Na novela aparecen extensas e detalladas descripcións da caza das baleas no século XIX e multitude de detalles sobre a vida dos mariñeiros de aquela época. 
Aquí vos deixo a novela e unha das películas que se fixeron sobre este libro.
A novela

domingo, 14 de outubro de 2012

"Love me do": Feliz aniversario!

Este mes (o día 5, para ser exactos), The Beatles _se aínda cantaran xuntos_ celebrarían un importante aniversario: os 50 anos do seu primeiro single "Love me do", o  inicio da súa carreira discográfica.
Este foi o comezo de todo.
Ninguén sabía que sería o grupo que revolucionaría a música e a cultura.
Dende entón nada foi igual ...


Non é unha das súas mellores cancións, aínda faltaban uns anos para que todo o seu talento  aflorara, pero foi a orixe de todo un fenómeno de masas que aínda perdura e o principio dun dos mellores grupos da historia.
Paul McCartney, con algunha aportación de John Lennon,  compuxera esta canción cando tiña 16 anos, con dous acordes e unha letra do mais sinxelo.

Love, love me do / You Know I love you 
 I’ll always be true / so please, love me do…

Someone to love / somebody new
Someone to love / Someone like you

The Beatles  xa eran coñecidos en Liverpool, a súa cidade, pero aínda eran descoñecidos no resto do país.
Ese ano a canción so alcanzou o posto 17 das listas de éxitos no Reino Unido, pero dous anos despois foi número 1 nos Estados Unidos.
Esto preparou o terreo para o primeiro gran éxito da banda: "Please, please Me"

A Beatlemanía xa estaba en marcha...

50 anos xa! Hai que ver como pasa o tempo!

Máis cancións de The Beatles:

Come together
Can't buy me love

Yesterday

Yellow submarine

All together now



E moitas mais neste enlacehttp://www.goear.com/search/the-beatles/

E as letras, aquíhttp://www.metrolyrics.com/beatles-lyrics.html

xoves, 4 de outubro de 2012

Como sería o mundo se todos pensaran coma MAFALDA?



Fonte: mafalda.dreamers.com

Mafalda é un personaxe de historietas creado polo humorista gráfico arxentino QUINO. É unha nena moi especial, que ama aos Beatles e odia a sopa, que cuestiona a vida dos adultos e está moi preocupada polo destino da humanidade.
A primeira tira foi publicada  en 1964 , así que acaba de cumprir case 50 anos. 
As súas historias foron traducidas a mais de 30 idiomas e teñen moito éxito en Latinoamérica e Europa. Tamén se fixeron versións animadas que lles deron movemento e voz aos personaxes.
A súa última tira apareceu en 1973 e, aínda que pasaron casi corenta anos, as súas queixas, preguntas e pensamentos a cerca de temas relativos a liberdade, os dereitos humanos, a paz , a educación e a familia seguen tan vixentes coma entón.
A través dos seus ditos e accións denuncia a maldade e a incompetencia da humanidade para solucionar problemas como a fame ou as guerras. 
Está convencida do progreso social das mulleres e imaxínase de maior estudiando idiomas e traballando como intérprete nas Nacións Unidas para contribuír a paz mundial.





OS AMIGOS DE MAFALDA  

Mafalda é a protagonista pero non está soa. Estes son os seus amigos (e amigas)



Non vos apetece coñecelos?
http://www.youtube.com/watch?v=ydazeXYFpnI&feature=related
Seguro que pasades un bo rato

martes, 18 de setembro de 2012

Novo curso, novo proxecto


Co novo curso, comeza de novo o traballo, o aprender cousas novas e recordar todas as que xa sabemos.
O noso primeiro Proxecto para este curso vai ser "Os Xogos Olímpicos".
 Xa coñecemos moitas cousas sobre o tema (deixeivos algo de información durante o verán), pero seguro que hai moitas outras que nos gustaría coñecer.
 Todo o colexio investigará sobre este tema : os deportes, a historia, os países...
A ver que descubrimos...!

martes, 11 de setembro de 2012

Benvidas e Benvidos ao novo curso


Ola, queridas nenas e queridos nenos:
Aquí estou de novo 
¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector?
Eu acabo de chegar . Aínda nen desfixen as maletas... A que vos dedicastes vós todo o verán? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio.  
  Preparádevos, que veño cargado de ideas!!
A partir de hoxe xa podedes vir  a biblioteca cando queirades.
É moi importante que recordedes as normas, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, e polo tanto debemos axudar no seu coidado para que continue sendo o noso lugar de encontro.Espérovos! 
Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada e de atender as vosas suxestións.
Tamén espero que teñades un bo comezo daHORA DE LER”.
 Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza.
  O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron estupendos. 
Cantos libros lemos ao longo o curso!! 

E agora, antes de preparar a mochila, mirádevos ao espello e comprobade se estades completiños, ou se vos falta algunha das partes que debe ter calquera lector....

Vémonos!

domingo, 9 de setembro de 2012

O Superfamoso... TADEO JONES

Benvido Tadeo!
Por fin podemos disfrutar da última película de animación española!
Despois de 4 anos de traballo, "As aventuras de Tadeo Jones", personaxe creado por Enrique Gato, acaba de estrearse nos cines.
É unha película de aventuras, donde o humor xoga un papel moi importante.Os personaxes principais son : Tadeo, Sara, Fredy, Jeff, Belzoni...
 Tadeo é o aventureiro que todos levamos dentro. E Sara é valente, intrépida e, sobre todo, intelixente.
Adiviñade quen lles deu a voz a estes personaxes :  pois entre outros José Mota e Michelle Jenner.
Tadeo é unha mistura de todos os aventureiros da historia do cine : Indiana Jones,  Allan Quatermain ...
Todo comezou cunha curtametraxe, que, para sorpresa dos seus creadores , gañou un feixe de premios.
Aqui vos presento...  O NACEMENTO DE TADEO JONES



E, se queredes saber máis, visitade o sitio web oficial da película. Hai trailers da película, xogos...
 Picade na imaxe:


venres, 10 de agosto de 2012

Perderse entre 250.000 libros


Los artistas brasileños  Marcos Saboya y Pupo Gualter decidieron combatir el aburrimiento y fomentar la lectura: construyeron un laberinto en forma de espiral utilizando  250.000 libros usados y de paso rindieron homenaje al escritor argentino Jorge Luis Borges, quien solía imaginar a las bibliotecas como un muy buen lugar para perderse.
“Perderse en un buen libro” es el lema de este gigantesco laberinto (ocupa 500 metros cuadrados) instalado en aMAZEme, dentro del Festival de Londres 2012 organizado en paralelo a los Juegos Olímpicos que se disputan en la capital británica.
Esta movida  apunta a fomentar la curiosidad, el conocimiento y la creatividad de la gente.
Los artistas consideran que su laberinto “es el sueño de Borges convertido en realidad”. En “La biblioteca de Babel”, el escritor habla de una colección de libros interminable, donde está todo el conocimiento humano, pero en un desorden tal que desafía a encontrarlo. ¡La biblioteca imaginada por Borges tiene mucho de parecido a internet!.
“Siempre me he imaginado que el paraíso será una especie de biblioteca“, solía decir el escritor.
 Y a ti, ¿Qué te gustaría encontrar en un laberinto? 
Cuéntanoslo aquí.
Imaxe obtida en nomadaq.blogspot.com.es


venres, 27 de xullo de 2012

Xogos Olimpicos: A festa mundial do deporte


Cada catro anos, os cinco continentes  unense para festexar os Xogos Olímpicos que comezaron na antiga Grecia hai 2800 anos. Os primeiros Xogos eran moi distintos aos que coñecemos agora, pero o espíritu olímpico  mantense intacto.

Este ano  celébrase a XXX edición dos Xogos Olímpicos, que terán como sede a Londres, e se disputarán do 27 de xullo  ao 12 de Agosto.


mascota-londres-2012
Na antigüidade...
Os primeiros Xogos Olímpicos dos que se ten constancia tiveron lugar no  ano 776 A.C. Nesa época non había deportes por equipos, nin premios para os segundos postos,  as mulleres non estaban autorizadas a presenciar as competicións nin a participar. Tampouco se vendían entradas. 
Tiñan un carácter relixioso, estaban dedicados ao Deus Zeus e os deportistas   dedicabanlle os seus trofeos. Celebráronse cada catro anos ata o 393 D.C , data na que o emperador romano Teodosio decidiu suprimilos polo seu carácter pagan  e condenó a   antorcha olímpica a manterse apagada durante moitos anos.
¡Os Xogos Olímpicos eran o maior espectáculo da antiga Grecia! 
Na modernidade ...
londres-2012O fundador dos Xogos Olímpicos da era moderna foi  Pierre de Fredy, Barón de Coubertin. Nacido  nunha familia aristocrática, sempre estivo interesado na educación e cría que o deporte tiña o poder de beneficiar a  humanidade e  alentar  a paz entre as nacións do mundo. O 23 de xuño de 1894 , Coubertin, proclamou a restauración dos Xogos Olímpicos e ante os representantes de 14 nacións fundou o Comité Olímpico Internacional (COI), con sede en Lausana (Suiza).
Dous anos máis tarde,   leváronse a cabo os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna na cidade de Atenas, Grecia, con tan só  200 atletas participando ( actualmente participan cerca de 10,000); e a partires daquela repetíronse cada catro anos. Só se suspenderon en 1916, 1940 e 1944 a causa das Guerras Mundiais.
Todos os Xogos comezan e finalizan co  desfile dos participantes nunha cerimonia de apertura e unha cerimonia de clausura, onde  os gañadores portan as medallas conseguidas de ouro, prata ou bronce, galardón que reciben en cada unha das probas. 
A Chama Olímpica 
A antorcha Olímpica é o símbolo máis venerado dos Xogos e a idea foi adoptada dos Xogos Antigos, onde a chama sagrada permanecía acendida no altar de Zeus durante as competicións. Esto simboliza a unión entre os xogos da antigüidade e os xogos modernos.
 Na actualidad é un acto que comeza meses antes das competicións  e consiste en levar a antorcha dende a sede anterior ata a sede actual. 
 O deseño da antorcha deste año semella   unha malla dourada,e contén oito mil buratiños  que representan o número de portadores e a distancia en millas do recorrido ata o día da inauguración (12.800 km) 
A súa forma triangular ten varios significados: os valores olímpicos de «respecto, excelencia e amizade»; o lema olímpico «máis rápido, máis alto, máis forte»; o número de ocasións que a ciudad de Londres ten acollido os Xogos Olímpicos . Os creadores foron Edward Barber e Jay Osgerby. 
Bandeira Olímpica 
Pierre de Coubertin tambén creou a bandeira olímpica formada por cinco aneis de cor azul, negro, vermello, amarelo e verde, sobre un fondo branco, que simbolizan os cinco continentes unidos polo espíritu do deporte: África, América, Asia, Europa y Oceanía. Están entrelazados para simbolizar a amizade deportiva de todos os pobos. 
O lema Olímpico
Foi tamén creado polo Barón de Coubertain . É unha frase en latín "Citius, altius, fortius": que significa máis rápido, máis alto, máis forte e reflicte  o estímulo a superación dos deportistas. 
Xogos Paraolímpicos
Dende 1960 celebranse os Xogos Paraolímpicos para deportistas discapacitados no mesmo escenario que os Xogos Olímpicos.