viernes, 30 de diciembre de 2011

martes, 27 de diciembre de 2011

Campaña Solidaria: Vapor ti, Vapor todos


O Nadal é sinónimo de reunións  coa familia, comidas e compras, moitas compras. Pero tamén é un momento ideal para recordar aos que non teñen a sorte que temos nos. Por esta razón, a Fundación SM pon en marcha un ano mais a campaña solidaria Vapor ti, Vapor todos, para facer posible que a ledicia do Nadal e a maxia da lectura cheguen incluso aos mais desfavorecidos.
Cómo é isto? Pois moi fácil: por cada libro da colección Barco de vapor que merquemos entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, a fundación SM doará outro exemplar que irá a parar a Aldeas Infantiles, Cruz Vermella e Mensaxeiros pola paz. Tamén colabora a Fundación Seur, que será a que se encargue de repartir os libros de maneira gratuíta.
  Como vos podedes imaxinar, é unha iniciativa que me encanta. 
A todos nos gustan os regalos e faime feliz pensar que, cada vez que merque un libro da colección Barco de Vapor, non só farei felices aos meus  irmáns, curmáns ou amigos... senón tamén a outros nenos que non teñen a mesma sorte que nos. 













Animádevos e ... pasade a bola!


Efrén deséxavos Bo Nadal


Efrén e 4 dos seus  amigos deséxanvos un Bo Nadal cantando e bailando ao redor da árbore de Nadal.
Para ver a postal, pica na imaxe da dereita.


"Quiero cantar
quiero sentir
la alegría y la amistad.
Todos unidos
celebrar
que ya llegó la Navidad.
quiero cantar
 y repartir
la alegría de esta canción.
Para que puedas
descubrir
 lo que está en mi corazón.
Y debajo de nuestro arbolito
encontrarás
que el regalo mas bonito
es el amor que compartimos... "

lunes, 26 de diciembre de 2011

Estades convidados ...

   Se queredes ver unha exposición de libros moi especiais, achegádevos ao Centro Cultural da Diputación (Edificio Simeón) e poderedes recrearvos coas reproduccións de varios libros históricos e incunables.
E preguntarédesvos... ¿que é iso de incunables?
Pois son libros que se imprimiron antes do ano 1501. Son documentos históricos que puxeron a cultura ao alcance de todos. 
Ata o ano 1450 as copias dos libros facíanse a man. Había persoas, sobre todo monxes, que se dedicaban a copiar os libros que lles encargaban. Cada copista ilustraba o libro segundo o seu gusto e o traballo podía durar ata 10 anos.
Os primeiros incunables saíron da imprenta de Gutemberg.


A editorial Moleiro é famosa en todo o mundo polas reproduccións deste
tipo de libros. Están feitas con láser e reproducen fielmente non só os escritos e ilustracións, senón tamén o tipo de papel e ata o olor.

ESPERO QUE VAIADES  E... XA ME CONTAREDES!




  

miércoles, 7 de diciembre de 2011

RAZÓNS PARA LER

E tí ... para que les?
 Esa foi a pregunta que fixemos aos nosos alumnos e alumnas de 3º Ciclo. 
Coas respostas que nos deron, montamos esta árbore de Nadal.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Carta a Papá Noel

Papá Noel está á volta da esquina ...
Xa debe estar colocando os regalos no trineo...
Supoño que a maioría de vos xa mandou a carta, pero aínda quedan os SMS e os e-mails para pedirlle algo máis...
Adviñades o que?... Dareivos unhas pistiñas:
- é algo útil
- é sano
- é económico
- non leva pilas nin se gasta ao usalo
- aos pais e as nais tamén lles gusta...
¿ainda non sabedes o que é?
Pois claro, ... UN LIBRO!!
Podedes aproveitar e pedir un para vós, outro para os vosos irmáns maiores, para os vosos irmáns pequenos, para o voso pai, para a vosa nai, para os vosos avós, para as vosas avoas,  para os vosos amigos, para as vosas.....
Perdoade, é que oigo a palabra LIBRO e embálome....
Para que non matedes a cabeza, aquí vos deixo unha selección.