martes, 27 de decembro de 2011

Campaña Solidaria: Vapor ti, Vapor todos


O Nadal é sinónimo de reunións  coa familia, comidas e compras, moitas compras. Pero tamén é un momento ideal para recordar aos que non teñen a sorte que temos nos. Por esta razón, a Fundación SM pon en marcha un ano mais a campaña solidaria Vapor ti, Vapor todos, para facer posible que a ledicia do Nadal e a maxia da lectura cheguen incluso aos mais desfavorecidos.
Cómo é isto? Pois moi fácil: por cada libro da colección Barco de vapor que merquemos entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, a fundación SM doará outro exemplar que irá a parar a Aldeas Infantiles, Cruz Vermella e Mensaxeiros pola paz. Tamén colabora a Fundación Seur, que será a que se encargue de repartir os libros de maneira gratuíta.
  Como vos podedes imaxinar, é unha iniciativa que me encanta. 
A todos nos gustan os regalos e faime feliz pensar que, cada vez que merque un libro da colección Barco de Vapor, non só farei felices aos meus  irmáns, curmáns ou amigos... senón tamén a outros nenos que non teñen a mesma sorte que nos. 













Animádevos e ... pasade a bola!


Ningún comentario:

Publicar un comentario