luns, 28 de novembro de 2011

Regáloche un conto

Para celebrar o Día de Biblioteca fixemos unha actividade que, debido ao éxito que tivo entre @s cativ@s, trataremos de repetir máis veces: PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS.
Os alumn@s leron aos seus "afillad@s" doutros cursos contos que eles mesm@s seleccionaron e cuia lectura prepararon previamente.
Trátase dunha iniciativa que disfrutamos tod@s porque aos nen@s gústalles ler e gústalles que lles lean.
Resultounos moi difícil elixir so unha imaxe. Aquí vos deixamos algunhas. Elixide a vosa!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario